Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 5 de agosto de 2020 de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1031/2020).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada; para este fin, comunícaselle que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, nº 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio dos datos catastrais da parcela no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e que os custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto para notificar: orde de execución (expediente 1031/2020).

Interesado: descoñecido.

Ref. catastral: 36043A033022650000JL (pol. 33-parc. 2265).

Prazo: quince (15) días naturais.

Ponte Caldelas, 5 de agosto de 2020

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente