Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33559

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade dunha encarga de xestión, para o exercicio 2020, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encarga de xestión para o exercicio 2020, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: implantación da instalación do banco interactivo Constelacións II, do proxecto Reb-veladas na Paisaxe, no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter a Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de tres semanas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia