Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 15 de xullo de 2020

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/nome

Concepto

Período

Débeda

Y01916612J

Fra. 201907074

28.8.2019

401,94

Y06162945V

Fra. 201907084

28.8.2019

1.069,91

035552476L

Fra. 201907088

28.8.2019

175,09

053114717N

Fra. 201907092

28.8.2019

256,87

Y06582139J

Fra. 202000231

8.1.2020

14,52

039457049C

Fra. 202001584

20.2.2020

4.757,78

Novoa Martínez, José

Fra. 202003286

20.5.2020

361,59

López Sang, María Esther

Fra. 202030851

20.5.2020

803,88

076870582M

Fra. 202030853

20.5.2020

480,21

035432225N

Fra. 202030855

25.5.2020

361,59