Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/71/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/71/2019-RP1 a Pilar Resch Doval, en relación coas obras realizadas no lugar de Río Arillo, Dorneda, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística