Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de agosto de 2020 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/130/2015).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de febreiro de 2020, unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva (PON/130/2015-B1), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/130/2015, a María Mercedes Pacheco Paz, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de abril de 2016, que ordenaba a demolición dunha construción de planta semisoto e planta baixa, destinada a usos residenciais, cunha superficie total construída de 496 m² no lugar de Rosa Grande, no municipio de Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de non admisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución de que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística