Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 200/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 200/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Liñares Illodo contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L. e Fogasa sobre despedimento, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Maximino Liñares Illodo con Campiñas de Laíño S.A., Refojo e González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., e condeno a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo e González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., a aboarlle a Maximino Liñares Illodo a suma de 17.189,28 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral a data da presente resolución e a suma de 39.964,80 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres (3) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza