Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0101/2019 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida de María Victoria Moreno, nº 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 6 de agosto de 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0101/2019

Alejandra Salinas Miliche

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0108/2019

Amanda Piay Rey

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0002/2020

Tamara Chamorro Pérez

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0016/2020

Jorge Daniel Pereira Brun

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0018/2020

Joel Fernández González

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0020/2020

Rubén Sanles Román

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0022/2020

Laureano Sio Pereira

Incoación

Xefe territorial