Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33510

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 458/2020-MJC).

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 458/2020 desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e de Avelino Fernández Pérez contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos Martínez, S.A., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Silverchan, S.L., Isaac Miguez Álvarez, Granitos Las Canchas, S.L.U., Canteiras Cabaleiro Nogueira, S.L., Comunidade Hereditaria de Victoriano Álvarez Domínguez, Pilar Rita Romero Rodríguez, Sonia Álvarez Romero, Mónica Álvarez Romero, Gemma Álvarez Romero, Diana Álvarez Romero, Paula Álvarez Romero e Granitos Porrisal, S.L., sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando os recursos de suplicación interpostos polo letrado da Administración da Seguridade Social en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e o interposto pola representación letrada da empresa Avelino Fernández Pérez contra a sentenza con data do 10 de abril de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo ditada nos autos nº 326/2018 seguidos por instancia do demandante Isaac Míguez Álvarez fronte ao INSS, a TGSS, as empresas Avelino Fernández Pérez, Silverchan, S.L., Granitos Martínez, S.A., Granitos Porrisal, S.L., Granitos Las Canchas, S.L., David Fernández Grande, S.L., Granitos Budiño, S.L. e Manuel Fandiño, S.L. sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia e condenamos a empresa recorrente a aboar a cantidade de 550 euros en concepto de honorarios do letrado impugnante de recurso.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Granitos Budiño, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza