Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33508

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5540/2019 B).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza, Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5540/2019 seguido como recorrente por José Manuel Menéndez González contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, Mutua Galega, Acupesca Armadores, S.L. sobre accidente, ditouse sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos: estimamos o recurso de suplicación formulado por José Manuel Menéndez González contra a sentenza de data un de xullo de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, no procedemento número 513/18, seguido, a instancia da Mutua Galega de Accidentes de Trabajo, seguido tamén contra o ISM, INSS e TXSS, revogando a expresada resolución e absolvendo os demandados da petición deducida no escrito reitor.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Acupesca Armadores, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza