Expediente-e: IN407A 2019/172-1.
Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Instalación: reforma da LMT Braña Grande-San Román, no lugar de Braña Grande, na Teixoeira.
Concello: A Laracha.
Feitos:
1. O 11 de setembro de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:
– Acordo de información pública: 3 de marzo de 2020.
– Diario Oficial de Galicia: 30 de marzo de 2020.
– BOP: 10 de marzo de 2020.
– Xornal La Voz de Galicia: 7 de marzo de 2020.
– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do secretario do Concello da Laracha con data do 13 de xullo de 2020.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Servizo Provincial da AXI-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, e Concello da Laracha. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados de AXI e Augas. Hoxe non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.
5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.
Consideracións legais e técnicas:
1. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).
– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de decembro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
2. Características técnicas:
– LMTA a 20 kV (15 kV servizo) de 1.212 metros, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio existente de tipo HV-13/630 da LMT ao CT Xeriz (expediente 85/2004) e remate no apoio proxectado con PA/S de tipo C-14/3000. Desmontaxe dun treito da LMTA Igrexario San Román-Braña Grande (expediente 34.545) en condutor nu de tipo LA-56, cunha lonxitude de 1.420 m dun treito da liña ao CT Xeriz (expediente 85/2004) en condutor de tipo LA-56, cunha lonxitude de 151 m e dun treito da liña ao CT Igrexario San Román (expediente 31/2002) en condutor de tipo LA-56, cunha lonxitude de 150 m, así como dos 11 apoios de formigón, 2 apoios de celosía e 1 apoio de chapa, sobre os cales están tendidos os treitos das liñas que se desmontarán.
– LMTS a 20 kV (15 kV servizo) de 615 m, condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3 (1×150 Al), con orixe nos empalmes proxectados coa liña de media tensión soterrada ao CT Braña Grande (expediente 203/2004), que se realizará en arqueta proxectada na beirarrúa e remate no paso de soterrado a aéreo, que se realizará no apoio proxectado de tipo C-18/3000 que substitúe o existente de tipo HV-15/1000 da LMT ao CT Xeriz (expediente 85/2004).
– LMTS a 20 kV (15 kV servizo) de 615 m, condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3 (1×150 Al), con orixe nos empalmes proxectados coa LMTS ao CT Braña Grande (expediente 203/2004), que se realizará en arqueta proxectada na beirarrúa e remate no PA/S, que se realizará no apoio proxectado de tipo C-18/3000 que substitúe o existente de tipo HV-15/1000 da LMT ao CT Xeriz (expediente 85/2004).
– LMTS a 20 kV (15 kV servizo) de 53 m, condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3 (1×150 Al), con orixe no PA/S que se realizará no apoio proxectado de tipo C-14/3000 e remate nos empalmes proxectados na LMTS ao CT Cancelo 2 (Urb) (expediente 528/2005), que se realizará en arqueta proxectada ao pé do apoio onde actualmente se realiza o paso aerosubterráneo, o cal se retirará.
3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
Consonte todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.
Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 11 de agosto de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña