Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2020/38-1).

Expediente-e: IN407A 2020/38-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: proxecto para a LMTS, CTC e RBTS na rúa Manuel Beiras.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O 24 de febreiro de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural-Consellería de Cultura de Turismo; Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Concello de Santiago de Compostela. A día de hoxe non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, Patrimonio Cultural, Estradas e Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Instalación de centro de transformación compacto telecontrolado manobra exterior de 400 kVA no andar baixo do edificio solicitante. Rede soterrada de media tensión de 20 kV coa orixe na LMTS existente SNT806 entre o CT 15CI56 Corredoira-Campsa e o CT 15CJNG María Miramontes CT3; o condutor proxectado é RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al, cunha lonxitude de 200 m e rematará no CT proxectado (realizando entrada/saída do dito CT). Canalizacións en gabias de 0,4×1,2 m de profundidade e 0,4×1 m de profundidade con 6 e 4 tubaxes de 160 mm de diámetro.

• Rede soterrada de baixa tensión coa orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e alimentará o edificio solicitante con condutor XZ1 0,6/1 kV 4×(1×240) Al. Canalización do condutor en gabia de 0,4×0,8 m de profundidade con dúas tubaxes de 160 mm de diámetro.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícase á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña