Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de alegacións do expediente sancionador por infracción na orde social 2020/56.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de alegacións no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións que enuncia o artigo 17.1 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 2020/56 (acta: I2720200000009006).

Data do trámite de alegacións: 21 de xullo de 2020.

Empresa: Abrite Integración, S.L.

Enderezo: rúa San Eufrasio, 7 B, 27002 Lugo.

Lugo, 7 de agosto de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo