Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33377

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (64/2013).

Eu, Matías Recio Juárez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Santander Consumer fronte a Javier Castelao Costa, se ditou sentenza en data 2 de abril de 2014, que se transcribe na súa parte necesaria e é do teor literal o seguinte:

«Encabezamento:

Sentenza.

Xuíz que a dita: Elena Calleja Curros

Lugar: A Estrada

Data: 2 de abril de 2014

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.

Avogado: Luis Sangiao García

Procurador: Francisco Javier Fernández Somoza

Demandado: Javier Castelao Costa, en situación de rebeldía procesual

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de responsabilidade contractual

Resolución.

Estimo integramente a demanda formulada pola representación de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Javier Castelao Costa e, en consecuencia, condénoo a aboar á demandante a cantidade de 6.506,59 euros máis os xuros procesuais desde a notificación da sentenza (ex artigo 576 da LAC).

Todo iso sen expresa imposición das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas en legal forma.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da súa notificación, logo de consignación de depósito de 50 euros, conforme o establecido na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, Elena Calleja Curros, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a xuíza que a subscribe, en audiencia pública no local do xulgado, e no mesmo día da súa data. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, Javier Otero Costa, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase o presente edicto, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Estrada, 2 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza