Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 69/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2020, seguido por instancia de Mbarek Ddahouz contra Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., sobre execución de sentenza número 522/2019, con data do 24 de outubro, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo con data do 23.7.2020 e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres (3) días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza