Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33375

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 19/2020).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 19/2020

Xulgado de orixe/autos: DOI despedimento obxectivo individual 163/2019 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 19/2020 seguido por instancia de Andrea Cerdeira Fernández contra Sistemas de Televisión Gallega, S.L. e Inmohevana, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Barrio Calle.

A Coruña, 29 de xullo de 2020.

O anterior escrito, subscrito pola letrada Sra. Martínez Castro en nome e representación de Andrea Cerdeira Fernández, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Outrosí digo que se teñen por efectuadas as manifestacións contidas nel.

Emprázanse as demais partes para que comparezan, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inmohevana, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza