Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33242

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (xuízo verbal 823/2018).

Cédula de citación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza número 26/2020.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal número 823/2018, promovido pola procuradora Sra. Puertas Mosquera, en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González Abraldes Iglesias, fronte a Renzo Claudio Vergonzzini Alarcón, maior de idade, salientado en autos, respecto do menor Xoel Vergonzzini de la Cruz, con intervención da representante do Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Que, considerando substancialmente a demanda de xuízo verbal deducida pola procuradora Sra. Puertas Mosquera, en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González Abraldes Iglesias, fronte a Renzo Claudio Vergonzzini Alarcón, maior de idade, salientado en autos, respecto do menor Xoel Vergonzzini de la Cruz, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, procede:

1. A privación total da patria potestade que ten Renzo Claudio Vergonzzini Alarcón, sobre o seu fillo biolóxico e menor de idade, Xoel Vergonzzini de la Cruz.

2. A titularidade e exercicio da patria potestade sobre o menor Xoel Vergonzzini de la Cruz recaerá en exclusiva sobre Verónica de la Cruz Iglesias, nai biolóxica do menor.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 €, previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio o mando e o asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Renzo Claudio Cesar Vergonzzini Alarcón, esténdese a presente cédula para que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza