Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 2/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Cristina López Aragón contra Manuel Novegil Castro, sobre ordinario, se ditou decreto de insolvencia no día da data, impugnable en revisión no prazo de tres (3) días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Novegil Castro, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza