Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 32947

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5293/2019-MJC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 5293/2019-MJC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social (SSS) 323/2017 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua mutua colaboradora coa SS número 274 (fusión Mutua Gallega Ibermutuamur), José Julio Muradas Vázquez e Alvarado Frío Distribuciones, S.L.

Avogados: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5293/2019-MJC desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua mutua colaboradora coa Seguridade Social número 274 (fusión Mutua Gallega Ibermutuamur), José Julio Muradas Vázquez e Alvarado Frío Distribuciones, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina González Dios, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 22 de abril de 2019, en autos número 323/2017, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a José Julio Muradas Vázquez e á empresa Alvarado Frío Distribuciones, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza