Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 32946

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6327/2019-CAS 196/2020-RMR).

Eu, Maria Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6327/2019, seguido por instancia de Manuela Rivas Vidal contra Ambuibérica, S.L., Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Manuela Rivas Vidal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza, Maria Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 28 de xullo de 2020.

O anterior escrito, subscrito polo letrado Ricardo Pérez Seoane, en representación da mercantil Ambuibérica, S.L., únese ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días.

Expídase a certificación da sentenza sinalada como de contraste, ditada no RSU 1678/2019, do 26 de xuño de 2020, con expresión de firmeza.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

A Coruña, 28 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza