Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 16/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 16/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Penas Cernadas contra Elaborados Metálicos Emesa, S.L., Fogasa e a administración concursal de Elaborados Metálicos Emesa, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é como segue:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento que foi interposta por Juan Francisco Penas Cernadas, contra a entidade Elaborados Metálicos Emesa, S.L. e a súa administración concursal, e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de decembro de 2019 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Juan Francisco Penas Cernadas, coa entidade Elaborados Metálicos Emesa, S.L., no día da presente resolución (21.7.2020), e condeno a entidade Elaborados Metálicos Emesa, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 6.371,08 euros e, así mesmo, a cantidade de 14.465,22 euros por salarios de tramitación devindicados entre o 4.12.2019 e o 21.7.2020.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Francisco Penas Cernadas contra a entidade Elaborados Metálicos Emesa, S.L. e a súa administración concursal, e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a entidade Elaborados Metálicos, Emesa, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.927,76 euros líquidos e 276,62 euros brutos por salarios percibidos entre setembro e decembro de 2019, con inclusión de pagas extra e compensación económica polas vacacións non gozadas, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Elaborados Metálicos Emesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza