Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32772

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 281/2020-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 281/2020-CON

Xulgado de orixe/autos: sss seguridade social 87/2018 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 281/2020 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Cabaleiro Nogueira, S.L., Granitos Ibéricos, S.A. contra Jesús Rodríguez Fernández, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Galegas, S.A., Cachotes Atios, S.L., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Cabaleiro Nogueira & Fernández, Mantenimiento Construcciones y Jardinería de Galicia, S.L., Graniblock, S.L. sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos polo Instituto Nacional da Seguridade Social, Granitos Ibéricos, S.A. e Cabaleiro Nogueira, S.L. contra a sentenza do 25.3.2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo no procedemento nº 87/2018, sobre recarga por falta de medidas de seguridade, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

A desestimación do recurso implica a condena en custas ás empresas recorrentes. Tales custas comprenderán os honorarios do avogado/a ou do graduado/a social colexiado da parte demandante, polo importe de 550 euros (artigo 235.1 da LRXS).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo

E para que sirva de notificación en legal forma a Maximino Fernández Vázquez, Cachotes Atios, S.L., Rocas Graníticas Galegas, S.A. e Perpiaño de Atios Porriño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza