Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32770

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6032/2019-MJC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 6032/2019-MJC

Xulgado de orixe/autos: IAA impugnación de actos da Administración 783/2018 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 6032/2019-MJC desta sala, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Inversiones Comodín, S.L., Basilia Giménez González, Génesis Ramírez Ferreira, Gracy Mary Montero Ramos, Anyienne de Vargas Gil, Laura Mariana Rincón Rico, Kelly Estefany Serrano Suárez, Catalina Gratiela Chiper, Georgiane Stanef, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza con data do dezaseis de xullo de dous mil dezanove ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo nos autos número 783/2018 sobre impugnación de actos da Administración interposta pola empresa Inversiones Comodín, S.L., contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e como afectadas e interesadas, Génesis Ramírez Ferreira, Gracy Mary Montero Ramos, Anyienne de Vargas Gil, Laura Mariana Rincón Rico, Kelly Estefany Serrano Suárez, Catalina Gratiela Chiper, Georgiane Stanef e Basilia Giménez González, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data da notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, o mandamos e o asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Basilia Giménez González, Génesis Ramírez Ferreira, Gracy Mary Montero Ramos, Anyienne de Vargas Gil, Laura Mariana Rincón Rico, Kelly Estefany Serrano Suárez, Catalina Gratiela Chiper e Georgiane Stanef, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza