Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Castillo II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Castillo II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 10 de xuño de 2020, Manuel Ángel Alonso Rodríguez solicitou autorización para transmisión da concesión administrativa e da batea Castillo II.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo), por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Juan Manuel López Durán (***2175**) e María del Pilar Alonso Rodríguez (***1638**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Castillo II.

Situación:

Cuadrícula nº: 19.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 21.10.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Ángel Alonso Rodríguez (***5349**).

Novos titulares: Juan Manuel López Durán (***2175**) e María del Pilar Alonso Rodríguez (***1638**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña