Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea P.L.I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea P.L.I. e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 10 de abril de 2019, María Dolores Miniño Rosales (***0504**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea P.L.I.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Elena Gondar Miniño (***1627**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P.L.I.

Situación:

Cuadrícula número: 6.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 28.9.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: María Dolores Miniño Rosales (***0504**).

Nova titular: Elena Gondar Miniño (***1627**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de xullo de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo