Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32519

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 623/2020 MDM).

Secretaria: Sra. Freire Corzo//MDM

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 623/2020

Xulgado de orixe/autos: SS. Seguridade Social 919/2016. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: María Luisa Blanco Torres

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Ibermutua mutua colaboradora coa SS nº 274 (fusión Mutua Gallega Ibermutuamur, Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A.).

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado de Fogasa, Pablo Torrado Oubiña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 623/2020 desta sección, seguido por instancia de María Luisa Blanco Torres contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial, Ibermutua mutua colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Gallega Ibermutuamur), e Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Nogueira Esmorís, en nome e representación de María Luisa Blanco Torres, contra a Sentenza do 13 de novembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua-mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 274 e a empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza