Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 718/2019-MT).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 718/2019 por instancia de Rosa María Casar Álvarez contra Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U. e Fogasa, sobre DSP, en que recaeu sentenza con data do 13 de xullo de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Admítese a demanda formulada por Rosa María Casar Álvarez fronte á empresa Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U. e, como consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U. á traballadora.

– Condénase a Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización de 763,68 euros, o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 55,54 euros diarios, percibindo as ditas cantidades o xuro correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, o manda e o asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza