Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 268/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 268/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora María García Rey, Dolores Pardiñas Pombo, Elisa María Viña Remuiñán contra o Fondo de Garantía Salarial, Confecciones Torres Tasende, S.L. sobre despedimento, foi solicitada sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda de despedimento e extinción da relación laboral, que foi interposta por Aurora María García Rey, Dolores Pardiñas Pombo e Elisa María Viña Remuiñán, contra a entidade Confecciones Torres Tasende, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba ambas desde a data da presente resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Confecciones Torres Tasende, S.L., ao aboamento das seguintes indemnizacións:

– Aurora María García Rey, a razón de 18.776,34 €.

– Dolores Pardiñas Pombo, a razón de 21.503,79 €.

– Elisa María Viña Remuiñan, a razón de 18.919,89 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Aurora María García Rey, Dolores Pardiñas Pombo e Elisa María Viña Remuiñán, contra a entidade Confecciones Torres Tasende, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Confecciones Torres Tasende, S.L. a aboar a cada unha das demandantes a cantidade de 4.595,52 € líquidos por salarios correspondentes aos meses de marzo a xuño de 2020, ambos inclusive así como o interese do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Torres Tasende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza