Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 899/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 899/2017 por instancia de Cristina Rama Rama contra Mario Serén Rama e o Fogasa sobre P.O., nos cales foi ditada sentenza no 14 de xullo de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por Cristina Rama Rama contra a empresa Mario Serén Rama e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Mario Serén Rama a aboar ao demandante a cantidade de novecentos quince euros con vinte céntimos de euro (915,20 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e debe anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mario Serén Rama, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza