Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31897

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (PO 253/2016).

Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, por medio deste edicto fai saber que no presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Jesús Martín Piernas e Francisco Vidal López fronte a Hervasa Barco, S.L., Banca Ceiss, S.A. e Sareb, S.A., se ditou a seguinte sentenza, que di literalmente o seguinte:

«Resolvo:

Que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta polo procurador Francisco Pérez Pérez, que actúa en nome e representación de Jesús Martín Piernas e Francisco Vidal López, contra a entidade Hervasa Barco, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, o Banco de Caja de España de Inversiones, Salamanca y Soria, S.A. (Banco CEISS), representado polo procurador Ramón Montero Rodríguez, e a Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. (Sareb), representada polo procurador Francisco José Abajo Abril; e, en consecuencia, debo declarar e declaro que non proceden os pedimentos contidos na demanda, absolvendo as demandadas das ditas pretensións.

Todo isto con expresa imposición das custas procesuais á parte demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interporase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados dende o día seguinte ao da notificación».

E ao estar a demandada Hervasa Barco, S.L. en paradoiro descoñecido, esténdese este edicto para que lle sirva de notificación en forma legal.

Ourense, 2 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza