Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 69/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elizabeth Sanjorge Maquiera contra a empresa Three Telecom 2014, S.L. e Hermon Materiales Eléctricos y Proyectos, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 17.7.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza