Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31418

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Calvos de Randín.

Faise público que, a Presidencia, con data do 2.6.2020, resolveu o seguinte:

Con data do 22.11.2019, a Presidencia da Deputación de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Calvos de Randín. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2019), no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica da Deputación de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Calvos de Randín durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo, non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

O 9.3.2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 17.4.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable condicionado á realización das seguintes correccións:

«No núcleo rural de Rubiás, na zona de aplicación da ordenanza nº 6 (de edificación unifamiliar baixo rasante en Rubiás), deberán axustarse as aliñacións de viario e edificación grafadas nos planos ao establecido nesta ordenanza».

As erratas detectadas foron corrixidas o 22.4.2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Calvos de Randín.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Calvos de Randín.

Ourense, 4 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense