Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31416

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Coles.

Faise público que, a Presidencia, con data do 2 de xuño de 2020, resolveu o seguinte:

Con data do 18 de novembro de 2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Coles. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31 de decembro), no taboleiro de anuncios do Concello de Coles e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Coles durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo, non foron recibidas alegacións nin informe do concello en contra da delimitación proposta.

O 9 de marzo de 2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 20 de abril de 2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable condicionado á realización das seguintes correccións:

– «Os núcleos rurais de Barra de Miño, Mira do Río, Sobrado e Miegodevila aparecen delimitados na táboa do estudo como atravesados pola estrada OU-0505, mentres que nos planos, a estrada que os atravesa identifícase como OU-0504».

– «Na táboa do estudo aparece un núcleo denominado “Cruceiros” pero non se identifica, nin a estrada que o atravesa, nin o plano onde se delimita este».

As erratas detectadas foron corrixidas o 22 de abril de 2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Coles.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Coles.

Ourense, 4 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense