Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31414

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Oímbra.

Faise público que, a Presidencia, con data do 2.6.20, resolveu o seguinte:

Con data do 28.11.2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Oímbra. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31.12.2019), no taboleiro de anuncios do Concello de Oímbra e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Oímbra durante idéntico prazo. Durante o dito prazo, o 29.1.2020, a alcaldesa presidenta do Concello de Oímbra presentou unha alegación con respecto do estudo de delimitación de treitos urbanos no concello de Oímbra ao entender que a liña de edificación fixada no estudo producía un cambio substancial na situación xurídica de todas as edificacións existentes ao deixar fóra de ordenación ou de disconformidade co planeamento a práctica totalidade das edificacións existentes en solo de núcleo rural común, en contra da consideración do Plan xeral de ordenación municipal vixente no concello. O 9.3.2020, a directora da Área de Infraestruturas emitiu un informe no cal concluía que, ao seu xuízo, procedería considerar a alegación presentada. Na mesma data, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva.

Con data do 27.5.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable con respecto do estudo de ordenación da delimitación de treitos urbanos en solo de núcleo rural na rede provincial de estradas no concello de Oímbra.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Oímbra ao considerar a alegación presentada polo Concello de Oímbra sobre o posicionamento da liña de edificación en solo de NRC, e establecela a 7 m do bordo exterior da calzada.

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Oímbra.

Ourense, 4 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

missing image file