Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31420

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Rairiz de Veiga.

Faise público que, a Presidencia, con data do 19 de xuño de 2020, resolveu o seguinte:

Con data do 4 de novembro de 2019, a alcaldesa do Concello de Rairiz de Veiga presentou no Rexistro da Deputación de Ourense o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos núcleos rurais do concello de Rairiz de Veiga para os efectos de que a Deputación provincial, administración titular das estradas, incoase por instancia de parte o expediente de delimitación de treitos urbanos no seu concello. O 28 de novembro de 2019, a Presidencia da Deputación de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2019), no taboleiro de anuncios do Concello de Rairiz de Veiga e na sede electrónica da Deputación de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Transcorrido o dito prazo, non foron recibidas alegacións.

O 11 de marzo de 2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. O 26 de maio de 2020, a xefa do Servizo de Planificación da Consellería fixo un requirimento de documentación que foi enviado o 29 de maio de 2020. Con data do 2 de xuño de 2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable condicionado á realización das seguintes correccións:

«d) Nos planos correspondentes aos treitos urbanos de Guillamil e Sabariz non se identifica a estrada provincial.

e) Na táboa de delimitación de treitos urbanos que aparece na memoria do estudo, na estrada OU-1115 sobra o núcleo de Saínza de Abaixo».

A errata detectada na subepígrafe d) foi corrixida o 16 de xuño de 2020. O exposto na subepígrafe e) non procede corrixilo tendo en conta que o núcleo leva a denominación conxunta «Santa Baia-Saínza de Arriba-Saínza de Abaixo», tal e como consta na táboa da memoria do estudo.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Rairiz de Veiga.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Rairiz de Veiga.

Ourense, 29 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense