Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31213

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (914/2017).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou a sentenza con data do 25.6.2020, cuxo encabezamento e pé é do teor literal seguinte:

«Sentenza 124/2020

Vigo, 25 de xuño de 2020

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 914/2017 se seguen por instancia de Ángel Ramón Rodríguez Rey, representado pola procuradora María Jesús Nogueira Fos e dirixido polo letrado José Manuel Lorenzo Fernández, contra a Inmobiliaria Viguesa, S.A., declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha acción declarativa de dominio e de rectificación do Rexistro da Propiedade.

Resolvo:

Acollo totalmente a demandada formulada por Ángel Ramón Rodríguez Rey contra a Inmobiliaria Viguesa, S.A., e fago, como consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro que Ángel Ramón Rodríguez Rey é propietario, ao tela adquirido por usucapión ordinaria, da vivenda sita na rúa López Mora, 69 (actualmente, número 41), 1º A, de Vigo, a cal figura inscrita no Rexistro da Propiedade número 5 de Vigo co número 48.586; así como do garaxe sito na planta destinada a soto segundo daquel mesmo inmoble, no cal lle corresponde unha 9/45 parte indivisa, e que figura inscrito no mesmo Rexistro da Propiedade co número 48.582.

Os ditos predios figuran actualmente inscritos no Rexistro da Propiedade ao nome da entidade demandada e poderá o demandante proceder á inscrición rexistral do seu dereito e rectificar aquela inexactitude. Para tal fin, que quede firme a presente resolución, líbrese testemuño desta e entrégueselle ao demandante, para que lle poida servir de título para tal efecto.

2º. Condeno a entidade demandada a que pague as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, o mando e o asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil, polo presente edicto se notifica a Inmobiliaria Viguesa, S.A.

Vigo, 30 de xuño de 2020

O letrado da Administración de xustiza