Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (66/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 66/2020 por instancia de Melchor Fragio Seijo contra as empresas Amilaxa Servicios Generales, Servicio Móvil, S.A.U. (desistida), o Servizo Galego de Saúde (desistida), e con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 7.7.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolve:

Estímase a demanda formulada por Melchor Fragio Seijo fronte á empresa Amilaxa Servicios Generales, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal, e, como consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. á traballadora.

– Condénase a Amilaxa Servicios Generales, S.L. a que, no prazo de cinco (5) días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 5.126,22 euros, o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 37,28 euros diarios, percibindo as ditas cantidades o xuro correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, o manda e o asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Amilaxa Servicios Generales, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza