Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31178

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se fai pública a Resolución do 29 de xullo de 2020 de concesión de subvencións presentadas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 3 de febreiro de 2020, publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2020, da Consellería de Política Social, pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).

De conformidade co artigo 14 da devandita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución de concesión do 29 de xullo de 2020, para o procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior para o ano 2020.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 29 de xullo esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 29 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS508C,
de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior

Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación, de conformidade co disposto no artigo 12 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior.

Esta concesión resulta de la aplicación de los criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de corenta e cinco mil euros (45.000 €) para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior.

Esta concesión resulta de la aplicación de los criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de cincuenta e cinco mil euros (55.000 €), para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais reservarase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 8 de xaneiro de 2020 e, especialmente, ás establecidas no artigo 21.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar e/ou non admitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020. A conselleira de Política Social; P.D. (Artigo 14 e disposición adicional terceira da Orde do 8.1.2020), a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; P.A. (Artigo 4.3 da Orde do 3.3.2016), Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

BS508C 2020/024

Concello de Monterrei

P3205100E

Ourense

54

6.000,00 €

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

BS508C 2020/030

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

57,00

1.400,00 €

2

BS508C 2020/031

Concello de Santa Comba

P1507800I

A Coruña

54,00

760,00 €

3

BS508C 2020/035

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

53,00

1.500,00 €

4

BS508C 2020/033

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

A Coruña

50,50

2.400,00 €

5

BS508C 2020/002

Concello de Ponteceso

P1506900H

A Coruña

50,00

1.200,00 €

6

BS508C 2020/010

Concello da Baña

P1500700H

A Coruña

50,00

2.400,00 €

7

BS508C 2020/018

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

50,00

2.400,00 €

8

BS508C 2020/026

Concello de Val do Dubra

P1508900F

A Coruña

50,00

2.400,00 €

9

BS508C 2020/032

Concello de Cervo

P2701300B

Lugo

52,00

2.400,00 €

10

BS508C 2020/028

Concello de Mondoñedo

P2703000F

Lugo

50,50

1.500,00 €

11

BS508C 2020/041

Concello de Lugo/oficina municipal de voluntariado

P2702800J

Lugo

50,50

2.400,00 €

12

BS508C 2020/011

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Lugo

50,00

2.400,00 €

13

BS508C 2020/003

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

Ourense

53,50

2.400,00 €

14

BS508C 2020/037

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

52,50

2.400,00 €

15

BS508C 2020/022

Concello de Ramirás

P3206900G

Ourense

50,00

2.400,00 €

16

BS508C 2020/036

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

56,00

2.400,00 €

17

BS508C 2020/023

Concello de Lalín

P3602400H

Pontevedra

53,50

1.735,32 €

18

BS508C 2020/045

Concello do Porriño

P3603900F

Pontevedra

52,00

2.400,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

BS508C 2020/004

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

59,00

2.400,00 €

2

BS508C 2020/013

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

57,00

1.200,00 €

3

BS508C 2020/047

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

55,00

2.323,20 €

4

BS508C 2020/008

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

54,00

2.085,00 €

5

BS508C 2020/001

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

A Coruña

52,50

2.400,00 €

6

BS508C 2020/017

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

A Coruña

51,00

1.855,00 €

7

BS508C 2020/044

Fundación Banco Farmacéutico de Galicia

G70558887

A Coruña

50,50

2.400,00 €

8

BS508C 2020/046

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

A Coruña

50,50

2.400,00 €

9

BS508C 2020/019

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

50,00

2.400,00 €

10

BS508C 2020/020

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

50,00

2.400,00 €

11

BS508C 2020/040

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

A Coruña

50,00

2.400,00 €

12

BS508C 2020/048

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

50,00

1.680,00 €

13

BS508C 2020/050

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

A Coruña

50,00

2.400,00 €

14

BS508C 2020/014

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

52,00

600,00 €

15

BS508C 2020/042

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

59,00

2.400,00 €

16

BS508C 2020/012

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor

G32198970

Ourense

54,00

2.400,00 €

17

BS508C 2020/021

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

Ourense

50,50

2.400,00 €

18

BS508C 2020/006

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

50,00

2.400,00 €

19

BS508C 2020/039

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita

G32167900

Ourense

50,00

2.400,00 €

20

BS508C 2020/049

Fundación Amigos de La Barrera

G32321978

Ourense

50,00

1.800,00 €

21

BS508C 2020/025

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

57,00

2.400,00 €

22

BS508C 2020/015

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

Pontevedra

56,00

1.500,00 €

23

BS508C 2020/009

Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, ACEESCA

G36021970

Pontevedra

53,00

300,00 €

24

BS508C 2020/029

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

Pontevedra

51,00

2.400,00 €

25

BS508C 2020/005

Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca, APALC

G36022762

Pontevedra

50,00

1.800,00 €

26

BS508C 2020/027

Fundación Asilo-Hospitalillo de Anciáns, Enfermos e Desamparados de Vilagarcía de Arousa-Residencia Divina Pastora

G36017929

Pontevedra

50,00

1.200,00 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas ou denegadas

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de inadmisión ou denegación

1

BS508C 2020/038

Concello de Irixoa

P1504000I

A Coruña

Non respondeu correctamente ao requirimento de documentación

2

BS508C 2020/034

Concello de Viveiro (oficina municipal de voluntariado)

P2706700H

Lugo

Presentou escrito de desistencia e renuncia

3

BS508C 2020/043

Concello de Sarria

P2705700I

Lugo

Non respondeu ao requirimento de documentación

4

BS508C 2020/007

Concello de Cangas-oficina municipal de voluntariado

P3600800A

Pontevedra

Fóra de corte

5

BS508C 2020/016

Concello de Moaña

P3602900G

Pontevedra

Non respondeu ao requirimento de documentación