Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xullo de 2020 pola que se notifica o acordo de execución subsidiaria de orde de demolición (expediente IU1/44/2011).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de febreiro de 2020, resolución pola que se dispón a execución subsidiaria pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do ordenado na Resolución do 3 de agosto de 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, mediante a demolición de 3 edificacións anexas á vivenda (construción 3, 4 e 5), na rúa Garduña, 22, Broño (parroquia de Maianca), no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Amalia Parra Santamarina, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística