Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de maio de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Puerto Deportivo de Sada, S.L. para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Sada.

Logo de solicitude do concesionario Puerto Deportivo de Sada, S.L., a presidenta de Portos de Galicia acordou, o día 12.3.2020, iniciar o trámite de modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Puerto Deportivo de Sada, S.L. para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Sada.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na D.T. 2ª da Lei 6/2017, o concesionario acreditou a realización dunha serie de investimentos que ascenden a un total de 104.360 € (IVE excluído), desagregando este investimento en dúas partidas, definidas na documentación técnica achegada á solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia