Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas R.4 e R.5, APE P.B7-04 Rego dos Pasos Sur II, do Plan xeral de ordenación municipal de Ames (expediente 2020/213/000005).

Mediante Acordo plenario do 25 de xuño de 2020 prestouse aprobación definitiva do estudo de detalle nas parcelas R.4 e R.5, APE P.B7-04 Rego dos Pasos Sur II do PXOM de Ames, promovido por Juan Francisco Buján, presidente da Entidade Urbanística de Xestión do Ámbito, documento subscrito polos arquitectos Javier Rivadulla Montaña e Manuel Cid Rodríguez (COAG nº 1553 e 897, respectivamente), de agosto de 2019.

Ben que o acordo de aprobación definitiva se publica no DOG, a normativa e as ordenanzas do referido documento serán publicadas no BOP.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para efectos de inscribir o estudo de detalle aprobado definitivamente no Rexistro de Planeamento de Galicia.

En todo caso, de conformidade co previsto no artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no seguinte enderezo electrónico www.concellodeames.gal, dentro do portal de transparencia.

Ames, 9 de xullo de 2020

José M. Miñones Conde
Alcalde