Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29875

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (70/2018).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza con data do 30.10.2019, que no seu encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

Sentenza n° 211/2019.

Vigo, 30 de outubro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 470/2018 se seguen por instancia de Santander Consumer EFC, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e dirixida polo letrado Luis Sanjiao García, contra Santiago Martínez Puime e María Joâo Cardoso, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de financiamento dunha compravenda de bens mobles a prazos.

Resolución:

Estimo substancialmente a demanda interposta por Santander Consumer EFC, S.A. contra Santiago Martínez Puime e María Joâo Cardoso e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1°. Condeno a Santiago Martínez Puime e a María Joâo Cardoso a aboarlle á entidade demandante, con carácter solidario, a cantidade de 16.668,55 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e non satisfeitos e máis ao capital anticipadamente vencido. A devandita cantidade devindicará, desde os respectivos vencementos, un xuro moratorio do 11 %, exclusivamente polo capital vencido, ata o seu completo pagamento.

2°. Condeno a Santiago Martínez Puime e a María Joâo Cardoso a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notificase a Santiago Martínez Puime e a María Joâo Cardoso, baixo os apercibimentos contidos na
devandita resolución.

Vigo, 4 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza