Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29874

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2020 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Bioquímica e Bioloxía Molecular a Mónica Lamas Maceiras.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 4 de febreiro de 2020 (BOE do 12 de febreiro), para a provisión da praza número 20/002 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Mónica Lamas Maceiras, con DNI núm. ***375*** e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mónica Lamas Maceiras, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de xullo de 2020

Julio E. Abalde Alonso 
Reitor da Universidade da Coruña