Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2018/40-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Domicilio social: Área Central, Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS e CMS-3 ETAP da Plisan.

Situación: As Neves.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 2.588 metros de lonxitude, con orixe e final nunha arqueta existente na rotonda R6, próxima ao centro de transformación número 2, facendo entrada e saída no centro de manobra e seccionamento (CMS) proxectado 3 ETAP e no CMS-4 EDAR. Centro de manobra e seccionamento 3, con celas con envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado nas Neves, no recinto da plataforma loxística industrial Salvaterra, As Neves (Plisan).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG número 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 8 de marzo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra