Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/080-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS MOS705 e cambio de CTI a CTC Tameiga.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 222 metros de lonxitude, con orixe no PAS proxectado e final no centro de transformación proxectado. Retirada do centro de transformación existente e instalación dun novo centro de transformación cun transformador de 630 kVA, con relación 15.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Rans, na parroquia de Tameiga, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de xullo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2020/080-4. Termo municipal: Mos (Pontevedra).

Denominación: LMTS MOS705 e cambio de CTI a CTC Tameiga.

Parcela 1:

Titular: Concello de Mos.

Referencia catastral: 36033A039003600000SS.

Polígono: 39.

Parcela: 174.

Lugar: Pousada.

Cultivo: matogueira.

Afección: 16,81 m2 de pleno dominio para centro de transformación, 4,29 m2 de pleno dominio para muro e 2,96 m2 para servidume de paso.