Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019095TA-OU, por infracción en materia sanitaria.

Unha vez intentada a notificación da resolución do expediente sancionador 2019095TA-OU, incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo, esta non se puido levar a cabo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pago da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2019095TA-OU.

Documento de identificación: Y6337517L.

Último enderezo coñecido: avenida de Laza, 2, 32600 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: unha grave e dúas leves.

Sanción imposta: 751 €.