Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente-e IN407A 2020/62-1).

Expediente-e: IN407A 2020/62-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación do CT Robles (15CS57), no lugar do Barreiro.

Concello: Valdoviño.

Feitos:

1. O 20 de marzo de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Servizo Provincial da AXI-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; Concello de Valdoviño e Telefónica de España, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos pola AXI, polo Concello e Telefónica.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Treito liña de media tensión aérea CRN708A entre os apoios D108 e 109 (actuación número 1) a 15 kV cunha lonxitude de 47 m, con orixe no apoio número D108 existente do dobre circuíto que forman as liñas CRN708A e CDR804, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 109 proxectado que se intercalará na LMT CRN708A.

– Treito liña de media tensión aérea CRN708A entre os apoios 109 e 110 (actuación número 2) a 15 kV cunha lonxitude de 44 m, con orixe no apoio número 109 proxectado que se intercalará na LMT CRN708A, condutor tipo:LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 110 existente da LMT CRN708A.

– Treito liña de media tensión aérea CDR804 entre os apoios D108 e D105 (actuación número 3) a 15 kV cunha lonxitude de 47 m, con orixe no apoio número D108 existente do dobre circuíto que forman as liñas CRN708A e CDR804, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio D105 proxectado que se intercalará na LMT CDR804.

– Treito liña de media tensión aérea DC.CDR804 entre os apoios D105 e D104 (actuación número 4) a 15 kV cunha lonxitude de 64 m, con orixe no apoio número D105 proxectado que se intercalará na LMT CDR804, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número D104 existente da LMT CDR804.

– Treito liña de media tensión soterrada CRN708A ao CT Robles (actuación número 1) a 15 kV cunha lonxitude de 44 m, con orixe no paso de aéreo a soterrado que se realizará no apoio número 109 proxectado que se intercalará na LMT CRN708A, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio número 109 proxectado que se intercalará na LMT CRN708A, logo de realizar entrada e saída no CT Robles que se reformará.

– Treito liña de media tensión soterrada CDR804 ao CT Robles (actuación número 2) a 15 kV cunha lonxitude de 44 m, con orixe no paso de aéreo a soterrado que se realizará no apoio número D105 proxectado que se intercalará na LMT CDR804, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio número D105 proxectado que se intercalará na LMT CDR804, logo de realizar entrada e saída no CT Robles, que se reformará.

– Desmantelamento de liñas e apoio existente.

– Adecuación do CT Robles (expediente IN407A 2016/2602-1); proxéctase a substitución de toda a aparamenta existente por dous bloques de celas de media tensión telecontroladas, unha para a liña CRN708A que alimenta o centro, formado por un conxunto de celas 2L+1P e outro para a liña CDR804, que actualmente non entra no centro, formada por dúas celas de liña. Todas as celas serán compactas con corte en SF6 e as de liña telecontroladas.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 67.465,46 €.

8. Aínda que a obra está xa executada, segundo a resposta da promotora ao requirimento desta xefatura territorial e ao non se tratar dunha actuación de emerxencia dado que non se reflicte nin no proxecto nin na solicitude, faise constar un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña