Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se extingue a autorización ambiental integrada 2015-IPPC-92-306.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de galiñas reprodutoras

Extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Semafa Soutelo, S.L.

Núm. AAI: 2015-IPPC-92-306

Localización: concello de Trasmiras (Ourense)

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático