Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 233/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Suárez Ramos contra Transportes Punta Langosteira, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº de despido obxectivo individual 233/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Transportes Punta Langosteira, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 30.7.2020 ás 10.35 horas, na planta segunda (Oficina Xudicial), para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o próximo día 30.7.2020, ás 10.45 horas, na planta baixa-sala 3, para a realización do acto de xuízo ante a maxistrada xuíza; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Así mesmo, fáiselle saber que a demanda e demais documentos se atopan á súa disposición na oficina xudicial.

Prevencións legais:

Primeira. A incomparecencia da demandada, debidamente citada, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

Segunda. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

Terceira. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado intervir neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas efectuarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñer nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

Cuarta. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Unha vez solicitado o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica, deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas efectuarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio e xustificar debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O interrogatorio como demandado do legal representante de Transportes Punta Langosteira, S.L.

Para ese efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán dar por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e resultárenlle en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Todos os contratos de traballo do actor, desde o inicio da relación laboral e as modificacións correspondentes.

– A documentación da Seguridade Social, en relación coas cotizacións do ano 2019 e 2020 ata a data do despedimento.

– Nóminas desde xaneiro de 2019 ata a data de despedimento.

– Expediente de xustificante do aboamento da nómina de febreiro de 2020 e liquidación.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Quinta. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para efectuar actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Sexta. Tamén deberá comunicar, antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales se convoca (artigo 183 da LAC).

Sétima. As partes poderán formalizar a conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a Oficina Xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Oitava. Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Novena. En estrito cumprimento do artigo 43 da CE, que obriga os poderes públicos a tutelar a saúde pública a través das medidas preventivas necesarias, sen que no caso dos autos quede garantida a súa realización nas exixibles condicións de seguridade e de eventual evitación de propagación do axente patolóxico COVID-19, e para facer efectivas as indicacións recollidas no Manual de boas prácticas nos órganos xudiciais de Galicia, nas medidas para a prevención de contaxios do COVID-19, así como nas instrucións da Dirección Xeral para o Servizo Público de Xustiza sobre Seguridade Laboral nos edificios xudiciais que dependen das xerencias territoriais de Xustiza, por iso, e dado que a sala de vistas en que se desenvolverá a presente actuación presenta unha capacidade limitada e a ocupación nela ten que ser aquela que permita manter as distancias de seguridade recomendadas polo Ministerio de Sanidade, resulta conveniente que o xulgado teña coñecemento do número de persoas que vai intervir no acto da vista, para poder así adoptar as medidas necesarias en prol de garantir a seguridade de todos e evitar a propagación do virus. E todo iso, sen diminución das garantías procesuais e con pleno respecto ao dereito de defensa de todas as partes no proceso.

Respecto da proba para practicar no acto de xuízo, para posibilitar a boa marcha do acto e evitar suspensións, sen prexuízo do previsto no artigo 88 da LRXS, requírense as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e a coordinación co Servizo de Seguridade da sede xudicial para o control de acceso a ela e das capacidades permitidas.

É responsabilidade de cada cidadán e dos profesionais acudir á sede xudicial cos seus propios medios de protección (máscara e luvas), o que implica que non os proporciona o xulgado.

Igualmente, débese prescribir que os profesionais externos e o público en xeral tamén traian consigo o seu propio bolígrafo.

E para que sirva de citación a Transportes Punta Langosteira, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza