Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 188/2020 contra a resolución pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso, e contra a inadmisión do recurso de alzada formulado fronte á Resolución do 9 de decembro de 2019, do mesmo tribunal, pola que se dá publicidade da relación de persoas que superaron o dito proceso selectivo.

A Dirección Xeral da Función Pública, recibiu oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 188/2020, fronte a resolución do conselleiro de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada formulado fronte á Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso e contra a resolución pola que se inadmite o recurso de alzada formulado fronte á Resolución do 9 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade á relación de persoas aspirantes que superaron dito proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública