Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avicultura e Granxas Sarreaus, S.L. para a explotación avícola de polos de engorda situada no lugar de Cortegada, concello de Sarreaus, Ourense (expediente 2019-IPPC-M-149).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Documento para información pública. Ampliación e revisión», para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

(http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-149.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0166_AIA/IPPC_188.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a.

Titular: Avicultura e Granxas Sarreaus, S.L.

CIF: B32433914.

Enderezo social: lugar de Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense).

Localización da instalación: lugar de Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense).

Actividade principal: explotación avícola para engorda de polos.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para 95.625 polos de engorda dispostos en 3 naves e quere realizar unha ampliación ata un total de 132.442 aves mediante a construción dunha nova nave. A instalación dispón de 2 silos de penso por nave, 2 depósitos de gas propano para abastecer ao sistema de calefacción e un grupo electróxeno. Unha vez realizada a ampliación contará cunha esterqueira con capacidade de 1.776 m³ que garantirá o almacenamento do esterco producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios da instalación son recollidas e conducidas cara unha fosa séptica (1000 l), con filtro biolóxico, antes de ser vertidas ao dominio público por infiltración no terreo. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola.